
A colaboración coa práctica totalidade dos concellos da provincia, así como con diferentes entidades e empresas, permite acometer estas iniciativas partindo dos principios de solidariedade e equilibrio intermunicipais.
Esta perspectiva de inclusión local propicia o desenvolvemento de políticas adaptadas á realidade a ás necesidades do medio rural, centrando esforzos na atención á poboación en situación de desemprego.
A creación de sinerxías e dun traballo en rede cos axentes económicos e sociais do territorio constitúen factores chave para a consecución dos obxectivos previstos.
© rede XIANA 2009 | aviso legal